Quen somos

Vivimos en tempos nos que hai moita información namentres que os contidos veraces resultan inaccesibles. Tempos nos que hai que facer un esforzo activo de contraste de noticias para enterarse do que ocorre. Tempos nos que a inmediatez quita espazo á reflexión.

Sentimos a necesidade de crear un medio de prensa en papel á disposición de todas as luguesas que ao mesmo tempo é para nós unha oportunidade de facer o que nos gusta, de aprender colectivamente e medrar. Un medio aberto a quen queira participar.

Ata o de agora Lugo carecía dun medio lucense independente das institucións, dos intereses das grandes empresas e dos bancos. Pensa Lugo non dispón, nin quere grandes capitais que o respalden. É un medio autónomo, sen ánimo de lucro, e que quere financiarse só a través das súas lectoras ou cooperativas e pequenos comercios que cumpran uns certos criterios éticos.

Que queremos facer?

Un xornalismo pausado, que fomente o debate, o pensamento e a aprendizaxe.

Que toque temas que quedan fóra dos medios convencionais.

Dende unha perspectiva comprometida socialmente: feminista, ecoloxista e inclusiva.

A través de que?

Dun medio escrito en papel que chegue a todo o mundo.

Dunha páxina web onde subir as publicacións antigas de balde e dende onde mantervos informadas.


Escríbenos se queres participar, nos queres decir algo ou tés algunha dúbida