Coma nun campo de concentración semellante aos tempos do auxe do nazismo, así pasan a vida case 300 cans e gatos que malviven na protectora de animais de Lugo.

Baldes de auga conxelada, frío, humidade, amontoamento, estrés, tristeza e enfermidade, é o día a día dos habitantes da protectora ーdos cales moitos saen dunha vida de maltrato e vexaciónー dende fai xa demasiados anos.

Agardando por unhas obras máis que necesarias, freadas sempre pola burocracia das institucións, estas vidas suplican unha caricia dalgunha voluntaria e pasan os días nas peores condicións.

Cando se trata de vidas, e cando se nos enche o orgullo de chamarlles a estes animais “os nosos mellores amigos”, é impensable, para calquera que posúa un mínimo de escrúpulos, que a Confederación Hidrográfica siga mantendo esta situación e que o Concello de Lugo tome unha postura tan relaxada sobre este asunto.

O noso país é un vertedoiro de maltrato animal en moitos sentidos; un dos lugares onde máis cans se abandonan, onde non reciben a atención veterinaria necesaria, onde se maltratan sen consecuencias, onde se estigmatiza ás voluntarias que manteñen colonias felinas ou onde as persoas animalistas somos un ente extrano e a defensa dos dereitos animais é asunto de mofa.

Seguimos a utilizar estes animais por capricho estético: aplicámoslles un enfoque racista rexeitando aqueles animais mestizos porque moitas consideran que ter un animal de raza proporciona algún tipo de status, cando, en realidade, deixa entrever egoísmo e unha forte carencia de intelixencia.

Seguimos a utilizar estes animais por capricho estético: aplicámoslles un enfoque racista rexeitando aqueles animais mestizos porque moitas consideran que ter un animal de raza proporciona algún tipo de status

Con esta postura, alimentamos os criadeiros de cans, onde as cadelas son confinadas e obrigadas a parir camada tras camada ata que rematan enfermas, abandonadas ou mortas e onde os cachorros “defectuosos” son asasinados ou abandonados.

Moitos cans son utilizados como obxectos desbotables, coma no caso dun labor tan cruento coma é a caza, onde se un can se manca é abandonado ou asasinado ou onde, ao terminar a tempada, o can é abandonado, asasinado ou encerrado en terribles condicións.

Por iso é tan necesario que a protectora funcione en óptimas condicións, de xeito que, dalgunha maneira, se poida acoller, rehabilitar e darlles unha nova oportunidade a todos eses animais que, algunha vez, por desgraza e polo egoísmo humano, tiveron que sufrir o maltrato e o abandono.

Xa que logo, as institucións xamais lles deberían poñer trabas a estas obras tan necesarias. Estamos falando de vidas, de vidas que despois de vivir o transo do abandono e do maltrato seguen sufrindo en instalacións tan precarias, a pesar do moito traballo e dedicación das voluntarias que se esforzan por lles proporcionar unha mellor vida; pero así, simplemente, non se pode.

Nestes momentos cunhas circunstancias tan especiais, dende a protectora de Lugo trasládannos a súa preocupación polos boatos que se estenden de que estes animais poden contaxiar a COVID-19, pois temen que os abandonos aumenten, como xa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará