“A pobreza infantil é o problema máis daniño que vin en España”. Esa foi a conclusión do Relator Especial da ONU sobre a extrema pobreza e os dereitos humanos, Philip Alston, tras a súa visita polo territorio.

Segundo o Instituto Nacional de Estatística, o 26% de nenas do Estado residen nun fogar en risco de pobreza, dato que encaixa co estudo publicado en febreiro pola consultora AIS Group que segrega a incidencia da pobreza en menores de 16 anos por provincias.

De acordo co informe, Lugo é a provincia galega que rexistra o peor dato: un 28,4% das nenas atópase en risco de pobreza. Ourense ségueo cun 28,1%, A Coruña cun 22,8% e Pontevedra cun 19,8.

A situación empeora aínda no sur de España, cun 39,1% de risco de pobreza infantil en Andalucía, un 40% nas illas Canarias e ata un 47,8% en Estremadura, onde case a metade de nenas se atopa nestas condicións, con Badaxoz como provincia coa maior taxa do Estado: un 48,7.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará