Menu

Pensa Lugo

Debullando o
día a día.

Nace Pensa Lugo.

Vivimos en tempos nos que hai moita información namentres que os contidos veraces resultan inaccesibles. Tempos nos que hai que facer un esforzo activo de contraste de noticias para enterarse do que ocorre. Tempos nos que a inmediatez quita espazo á reflexión.

Sentimos a necesidade de crear un medio de prensa en papel á disposición de todas as luguesas que ao mesmo tempo é para nós unha oportunidade de facer o que nos gusta, de aprender colectivamente e medrar. Un medio aberto a quen queira participar.

O noso proxecto

Un medio autónomo que quere financiarse só a través das súas lectoras ou cooperativas e pequenos comercios

E que queremos facer?

Un xornalismo pausado

que fomente o debate, o pensamento e a aprendizaxe.

Que toque temas que quedan fóra dos medios convencionais.

Dende unha perspectiva comprometida socialmente:

feminista, ecoloxista e inclusiva.

A través de que?

Dun medio escrito en papel que chegue a todo o mundo.

Dunha páxina web onde subir as publicacións antigas de balde e dende onde mantervos informadas.

Un exemplo

Esto é un pouco do noso traballo ata o de agora, e o que queremos conseguir

Descarga aquí o número 0!

Primeira presentación do proxecto

Tivo lugar na librería Trama de Lugo

Maqueta do periódico

Dúas das páxinas da primeira maqueta que fixemos deste xornal, que falan da plataforma Lugo Sen Mordazas

Asamblea de organización

Unha imaxe das múltiples asambleas que temos para tentar organizarnos e xestionar o traballo de xeito horizontal

Asamblea de organización

Logo do proxecto

Colabora

Entra en goteo.cc/pensalugo para saber máis e colaborar

Gracias!